A axuda permite a contratación dunha persoa moza durante nove meses a xornada completa, no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, cofinanciado pola Unión Europea.
O Concello de Cervantes foi beneficiario dunha subvención de 16.902,64 euros concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, ao abeiro do programa de contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (procedemento TR350E).
Esta axuda permitirá financiar a contratación dunha persoa moza durante un período de nove meses, cunha xornada laboral do 100 %, contribuíndo así a mellorar as oportunidades de acceso ao mercado laboral da mocidade.
A subvención está destinada a cubrir os custos salariais da persoa contratada, así como as correspondentes cotizacións empresariais á Seguridade Social. A iniciativa ten como obxectivo principal mellorar a cualificación das persoas mozas, facilitando a adquisición das competencias profesionais e técnicas necesarias para favorecer a súa incorporación ao mundo laboral. Deste xeito, búscase impulsar a empregabilidade xuvenil e promover unha integración sostible no mercado de traballo, ofrecendo novas oportunidades laborais e experiencia profesional.
Esta actuación está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea, no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, dentro da prioridade de Emprego Xuvenil e da medida destinada a facilitar a mellora da empregabilidade das persoas mozas desempregadas.
A distribución de custes é a seguinte:
- Aportación Xunta de Galicia: 16.902,64 €
- Aportación Concello: 1.615,30 €
Con esta iniciativa, o Concello de Cervantes continúa apostando polo fomento do emprego, a creación de oportunidades laborais e o apoio á mocidade, contribuíndo ao desenvolvemento social e económico do municipio.


