Cervantes Censo electoral

Comprobación dos datos do censo electoral

O Concello de Cervantes informa de que, con motivo das próximas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, previstas para o 29 de novembro de 2026, estará dispoñible para a súa consulta o listado do censo electoral.

O obxectivo deste período de consulta é que as persoas interesadas poidan comprobar os seus datos e, no caso de detectar algún erro ou incidencia, presentar as reclamacións que correspondan dentro do prazo establecido.

No caso de ser preciso presentar unha reclamación, deberá facerse ata o 19 de outubro.

Para realizar a consulta ou tramitar unha posible reclamación, as persoas interesadas deberán acudir ao Concello de Cervantes, situado na rúa Deputación, s/n, en horario de oficina.

Más artículos sobre

PHOTO-2026-09-17-12-20-22

Rehabilitación ambiental das fontes de Os Olmos e Vilaver

Eclipse en Cervantes

Vivir a eclipse solar en Cervantes con seguridade

Cervantes en agosto

Un mes para vivir Cervantes entre festas, deportes e plans na natureza