Concello de Cervantes Pleno extraordinario 20/11/2026

Pleno extraordinario 20/11/2026

Damos un novo paso para achegar a actividade municipal á veciñanza coa retransmisión dos plenos a través da nosa páxina web.

A primeira emisión terá lugar hoxe, a partir das 13:00 horas, con motivo do pleno extraordinario no que se abordará a elección e toma de posesión do novo alcalde. Esta retransmisión servirá tamén como proba inicial para comprobar que o sistema funciona correctamente. E que podes ver aquí:

Cómpre lembrar que todos os plenos municipais están abertos á veciñanza, que pode asistir presencialmente. A emisión a través da web será unha vía complementaria para facilitar o acceso á información sobre os asuntos que se tratan e as decisións que se adoptan no Concello.

Con esta iniciativa, desde o Concello de Cervantes buscamos facer máis accesible a actividade institucional e avanzar cara a unha administración máis transparente e próxima aos veciños e veciñas.

Más artículos sobre

PUBLICIDADE TR350E

O Concello de Cervantes recibe unha subvención para fomentar o emprego xuvenil.

Concurso Fotos Cervantes

Cervantes en 12 fotografías. Buscamos as imaxes do calendario de 2027

A Xunta desmantela o centro de saúde de Doiras

O Concello de Cervantes esixe explicacións á Xunta pola retirada de material do centro de saúde de Doiras