O Concello de Cervantes está levando a cabo a rehabilitación ambiental das fontes de Os Olmos e Vilaver, unha actuación orientada á conservación, mellora e posta en valor destes espazos.
A actuación, correspondente ao expediente MT814B-2026-00000164-00, conta cunha axuda concedida de 15.000,00 € (IVE excluído) e está incluída na intervención 6871, Investimentos non produtivos en servizos básicos no medio natural, subintervención 68710_01-RN 2000, do PEPAC 2023-2027 de Galicia. A subvención inclúe tamén os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. O concello de Cervantes asume a cantidade de 3.155,46 €, o que supón o 17,52 % do total da actuación.
Esta actuación está cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), nun 16 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 4 % pola Xunta de Galicia. Así, a Unión Europea, a través do FEADER, contribúe ao financiamento desta actuación destinada á mellora e conservación do patrimonio no concello de Cervantes.



