Eclipse en Cervantes

Vivir a eclipse solar en Cervantes con seguridade

En menos dunha semana, o 12 de agosto, Cervantes converterase nun dos lugares nos que se poderá contemplar unha eclipse total de Sol.

Durante algo máis dun minuto, a lúa cubrirá completamente o sol e o día converterase, por uns instantes, en noite. Cervantes é un lugar privilexiado para a observación deste fenómeno astronómico.

Os horarios da eclipse en Cervantes

Segundo as previsións actuais, a eclipse parcial comezará arredor das 19:32 horas. A totalidade producirase entre as 20:28 e as 20:29 horas, alcanzando o máximo ás 20:28:54. O eclipse rematará pouco despois das 21:22 horas.

Trátase de horarios calculados especificamente para Cervantes, aínda que poden variar lixeiramente segundo o punto exacto desde o que se observe. Por iso, recomendamos consultar previamente o visor oficial do Instituto Xeográfico Nacional.

Escoller un bo punto de observación

Un aspecto moi importante é escoller ben o lugar desde o que se vai contemplar. Ao producirse ao solpor, o Sol estará moi baixo sobre o horizonte, polo que será recomendable buscar espazos elevados e con boa visibilidade cara ao oeste-noroeste, evitando montañas, árbores ou edificacións que poidan impedir a visión do fenómeno.

  • Horizonte cara ao oeste-noroeste despexado
  • Busca espazos amplos e seguros
  • Chega con antelación para evitar presas de última hora
  • Antes dese día, comproba se se vai ver desde o punto no que ti tes previsto estar. Podes facelo nesta web ou desde esta outra.

Seguridade para non danar a vista

A seguridade tamén é fundamental. Nunca debe observarse o sol directamente sen protección homologada, nin sequera utilizando lentes de sol, radiografías, cristais afumados ou outros métodos caseiros. Durante todas as fases parciais será imprescindible empregar lentes específicas para eclipses que cumpran a norma ISO 12312-2.

Os danos á vista son imperceptibles no momento porque non sintes dor, pero hai que seguir unhas recomendacións de seguridade para non danar a vista:

  • Non mires o sol sen lentes homologadas.
  • Non retires as lentes homologadas mentras unha parte do disco solar estea visible.
  • Non sirven as gafas de sol, caretas de soldadura, radiografías… nin demais ideas caseiras. Só as gafas homologadas garantizan a protección.
  • As cámaras, teléfonos móbiles, prismáticos ou telescopios tamén son perigosos. Non mires a través destes aparellos se non tes coñecementos sobre as medidas de protección para os mesmos porque poden facer efecto lupa no teu ollo e provocar lesións inmediatas.
  • Ollo cos nenos e nenas e coas persoas maiores. É posible que sexan menos conscientes do perigo de mirar ao sol sen protección.

Só existe un momento no que se pode mirar o eclipse sen protección: durante a totalidade, é dicir, cando o Sol queda completamente oculto pola lúa. Ese instante durará aproximadamente minuto e medio en Cervantes. En canto apareza de novo o primeiro raio de luz solar, será necesario volver poñer as lentes inmediatamente.

Para saber exactamente como se verá o eclipse desde un lugar concreto de Cervantes, o Instituto Xeográfico Nacional dispón os visores que comentamos antes que permite consultar horarios, duración e posición do Sol para cada punto do territorio. Son unha ferramenta moi útil para preparar esta experiencia.

  • Visor I Trío Eclipses. Permite apuntar coa cámara do teu teléfono ao horizonte desde o sitio onde pensas ver o eclipse e poderás ver a posición do sol e se hai algo que che impida velo.
  • Visualizador de eclipses. Permite introducir a localización desde a que queres ver o eclipse (aínda que non esteas alí) e indícache a visibilidade e tamén os horarios exactos para ese punto.

Desde o Concello animávosvos a desfrutar deste fenómeno astronómico e pedímosvos que manteñades accesos e vías de comunicación despexadas, que se respecten as fincas e propiedades privadas (hai moitos lugares públicos nos que estar) e que non tiredes lixo ao chan.

Más artículos sobre

Cervantes en agosto

Un mes para vivir Cervantes entre festas, deportes e plans na natureza

Xenerador Concello Cervantes

Un xenerador eléctrico á disposición da veciñanza

Reciclaxe resíduos Cervantes

Servizo gratuíto de recollida de residuos voluminosos