Despois da reunión mantida coa Área Sanitaria de Lugo e de ter enviado peticións de información ao Ministerio de Sanidade, á Consellería de Sanidade e á propia Área Sanitaria, a día de hoxe seguimos sen ter unha resposta clara sobre cal é o plan para Cervantes, se é que existe.
A veciñanza merece certezas. A sanidade é un servizo básico e esencial.
Ante esta situación, no pleno celebrado hoxe aprobouse unha moción coa que se acorda:
- Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a cubrir de forma inmediata e estable a praza vacante de médico/a no Centro de Saúde de San Román.
- Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a cubrir de forma inmediata e estable as prazas vacantes de médico/a e enfermería no Consultorio de Doiras.
- Solicitar o restablecemento completo e permanente do servizo médico, nas condicións previas á actual situación de precariedade.
- Instar á administración sanitaria competente a adoptar medidas estruturais que garantan a continuidade asistencial e eviten futuras interrupcións do servizo.
- Instar á Consellería de Sanidade a que oferte as prazas vacantes en Cervantes tantas veces como sexa necesario, a través dos procedementos legalmente establecidos, ata acadar a súa cobertura definitiva.
- Dar traslado deste acordo á Consellería de Sanidade, á Xerencia da Área Sanitaria e ao Ministerio de Sanidade.
Desde o Concello deixámolo claro: necesitamos menos palabras baleiras e máis concreción. A veciñanza de Cervantes ten dereito a unha atención sanitaria digna, estable e de calidade.
Nin Nin
. A sanidade que merecemos!


