Campamento Cervantes

O Concello de Cervantes organiza o Campamento de Verán 2026

O Concello de Cervantes pon en marcha unha nova edición do Campamento de Verán, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación das familias durante o período estival e, ao mesmo tempo, ofrecer aos nenos e nenas un espazo de lecer, convivencia e aprendizaxe durante as vacacións escolares.

O campamento desenvolverase durante todos os días laborables do mes de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 15 anos.

Ao longo destas semanas, as persoas participantes poderán desfrutar de diferentes actividades adaptadas ás súas idades, fomentando a diversión, a creatividade, o compañeirismo e o contacto coa natureza e co lugar no que vivimos.

O prazo de inscrición permanecerá aberto do 22 ao 29 de xuño. As familias interesadas deberán presentar a correspondente solicitude nas oficinas do Concello de Cervantes dentro dese período.

Nesta edición ofertaranse un total de 24 prazas. Co fin de atender as necesidades das familias do municipio, terán prioridade os nenos e nenas escolarizados no CPI de Cervantes. No caso de que queden prazas vacantes unha vez atendidas estas solicitudes, cubriranse por orde de inscrición entre o resto das persoas interesadas.

Desde o Concello considérase fundamental continuar impulsando actividades destinadas á infancia e á mocidade, creando espazos seguros nos que os máis novos poidan relacionarse, aprender e desfrutar do seu tempo libre. Ademais, este tipo de iniciativas contribúen a facilitar a organización familiar durante os meses de vacacións escolares.

O Campamento de Verán converteuse xa nunha actividade moi esperada por moitos nenos e nenas de Cervantes, e desde o Concello seguimos traballando para ofrecer propostas que contribúan ao benestar das familias e á dinamización da vida social do municipio.

Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse ás oficinas municipais.

Más artículos sobre

Se ves lume, chama ao 085

Cervantes prepara a campaña contra incendios de 2026 coa mellora da base da brigada municipal

37539984062_833fa12f3b_b

Actuacións de creación e mellora de servizos no entorno do Castelo de Doiras.

Visita subdelegada do goberno

Xuntanza coa Subdelegada do Goberno en Lugo