Cervantes contra a velutina

Como avisar dos niños de velutinas

As continúan a ser unha das especies invasoras que máis preocupación xera no noso territorio. A súa presenza afecta gravemente ás abellas, fundamentais para a polinización e para o equilibrio dos ecosistemas, pero tamén supón un risco para a gandaría, para a biodiversidade e, en determinados casos, para a seguridade das persoas.

Por iso, a colaboración da veciñanza resulta fundamental. Detectar e comunicar a presenza de niños é un dos pasos máis importantes para frear a expansión desta praga e facilitar a súa eliminación.

Avisos de niños de velutina por teléfono

Se localizas un niño de velutinas, podes comunicalo chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643. Deste xeito persoal especializado pasará a eliminalo.

Non obstante, a forma máis rápida e sinxela de avisar dos niños é facelo é a través da páxina web, porque nestes teléfonos vante pasar cun contestador no que non resulta fácil deixar o aviso.

Avisos de niños de velutina a través de Internet

Para avisar desde o teu teléfono mobil ou ordenador só tes que entrar na páxina habilitad para iso, á que podes acceder pinchando aquí. Tamén premendo no botón que puxemos na parte superior desta nova.

O funcionamento desta web é moi intuitivo. Unha vez accedas á web, só tes que premer na bóla azul situada na parte inferior da pantalla. Abrirase unha conversa na que se che irán facendo unha serie de preguntas para identificar a localización do niño e facilitar a intervención dos servizos encargados da súa retirada.

Avisos velutinas

Este sistema permite axilizar os avisos e reducir os tempos de xestión, evitando as esperas que ás veces se producen nas chamadas telefónicas.

Estamos nun momento clave para prestar atención ao noso entorno e comunicar calquera niño que detectemos, porque hai moitas velutinas activas en moitas zonas do municipio.

A loita contra a avespa velutina non é unha tarefa exclusiva das administracións ou dos servizos de emerxencias. É un labor colectivo no que todas as persoas podemos contribuír. Cada aviso permite retirar un niño e evitar que miles de novas avespas continúen estendéndose polo territorio.

Desde o Concello de Cervantes animamos a toda a veciñanza a implicarse nesta tarefa. Se ves un niño, non o manipules nin intentes retiralo polos teus propios medios. O máis importante é comunicalo canto antes para que poida ser eliminado de forma segura polos equipos especializados.

Entre todos podemos reducir o impacto desta especie invasora e contribuír a protexer as nosas abellas, o noso medio natural, as explotacións gandeiras e a seguridade de todas as persoas. Cada aviso conta e cada niño retirado é un paso máis na loita contra a vespa velutina.

Más artículos sobre

Eclipse en Cervantes

Vivir a eclipse solar en Cervantes con seguridade

Cervantes en agosto

Un mes para vivir Cervantes entre festas, deportes e plans na natureza

Xenerador Concello Cervantes

Un xenerador eléctrico á disposición da veciñanza