Reciclaxe resíduos Cervantes

Servizo gratuíto de recollida de residuos voluminosos

Coidar do noso entorno é unha responsabilidade compartida. Por iso, o Concello de Cervantes pon en marcha un ano máis o servizo gratuíto de recollida de residuos voluminosos, unha iniciativa que facilita á veciñanza a correcta xestión deste tipo de materiais e contribúe a manter limpos os nosos pobos e espazos naturais.

Este servizo está pensado para todas aquelas persoas que necesiten desfacerse de obxectos de gran tamaño que non poden depositarse nos colectores habituais. Entre os residuos que se poden entregar atópanse mobles como armarios, cadeiras ou mesas, electrodomésticos, televisións e outros aparellos electrónicos, así como colchóns e somieres.

As persoas interesadas deberán achegar estes residuos ata San Román, onde recibirán indicacións nas oficinas do Concello sobre o lugar habilitado para o seu depósito e posterior reciclaxe.

O servizo estará dispoñible desde mañá ata o venres 4 de setembro, en horario de 13:00 a 14:30 horas, todos os días laborables. Trátase dun servizo totalmente gratuíto para todas as cervantegas e cervantegos.

A correcta separación e reciclaxe dos residuos permite recuperar materiais, reducir o impacto ambiental e evitar que este tipo de obxectos rematen abandonados en camiños, montes ou espazos públicos. Pequenos xestos como facer uso deste servizo contribúen a conservar a riqueza natural que caracteriza ao noso concello e a manter unha contorna máis limpa e agradable para todos.

Desde o Concello animamos á veciñanza a aproveitar esta oportunidade e a facer un uso responsable deste servizo. Entre todos podemos seguir mellorando a xestión dos residuos e avanzar cara a un municipio máis sostible e comprometido co coidado do medio ambiente.

Más artículos sobre

Ancares Cycling

Cervantes acolle unha nova edición da Ancares Cycling Marathon, o gran fondo de alta montaña de referencia en Galicia

Escolas deportivas

O Concello de Cervantes organiza as Escolas Deportivas de Verán 2026

Se ves lume, chama ao 085

Cervantes prepara a campaña contra incendios de 2026 coa mellora da base da brigada municipal