A sanidade que merecemos

Situación sanitaria en Cervantes: esiximos respostas claras

Despois da reunión mantida coa Área Sanitaria de Lugo e de ter enviado peticións de información ao Ministerio de Sanidade, á Consellería de Sanidade e á propia Área Sanitaria, a día de hoxe seguimos sen ter unha resposta clara sobre cal é o plan para Cervantes, se é que existe.

A veciñanza merece certezas. A sanidade é un servizo básico e esencial.

Ante esta situación, no pleno celebrado hoxe aprobouse unha moción coa que se acorda:

  • Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a cubrir de forma inmediata e estable a praza vacante de médico/a no Centro de Saúde de San Román.
  • Instar á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a cubrir de forma inmediata e estable as prazas vacantes de médico/a e enfermería no Consultorio de Doiras.
  • Solicitar o restablecemento completo e permanente do servizo médico, nas condicións previas á actual situación de precariedade.
  • Instar á administración sanitaria competente a adoptar medidas estruturais que garantan a continuidade asistencial e eviten futuras interrupcións do servizo.
  • Instar á Consellería de Sanidade a que oferte as prazas vacantes en Cervantes tantas veces como sexa necesario, a través dos procedementos legalmente establecidos, ata acadar a súa cobertura definitiva.
  • Dar traslado deste acordo á Consellería de Sanidade, á Xerencia da Área Sanitaria e ao Ministerio de Sanidade.

Desde o Concello deixámolo claro: necesitamos menos palabras baleiras e máis concreción. A veciñanza de Cervantes ten dereito a unha atención sanitaria digna, estable e de calidade.

Nin ➕ Nin ➖. A sanidade que merecemos!

Más artículos sobre

Se ves lume, chama ao 085

Cervantes prepara a campaña contra incendios de 2026 coa mellora da base da brigada municipal

37539984062_833fa12f3b_b

Actuacións de creación e mellora de servizos no entorno do Castelo de Doiras.

Visita subdelegada do goberno

Xuntanza coa Subdelegada do Goberno en Lugo