Dia do Libro en Cervantes

Celebramos o Día do Libro no CPI de Cervantes

Hoxe celebramos no CPI de Cervantes unha nova edición do Día do Libro, unha xornada dedicada á lectura, á creatividade e ao talento das nosas nenas e nenos.

A celebración comezou coa lectura do pregón a cargo de Isaac González González, que nos acompañou nesta data tan sinalada. Queremos agradecerlle a súa participación e o cariño que sempre demostra por Cervantes. Isaac e a súa familia levan o nome do noso concello alí onde van, mantendo vivo o vínculo coa súa terra e contribuíndo a dar a coñecer o noso municipio.

Tras o pregón celebrouse a entrega de premios do certame literario, un dos momentos máis agardados da xornada. A través deste concurso, o alumnado ten a oportunidade de expresar a súa creatividade, desenvolver a súa capacidade de escritura e descubrir o valor das palabras como ferramenta para contar historias e compartir ideas.

Desde o Concello queremos felicitar a todas as persoas participantes polo seu esforzo e entusiasmo. Máis alá dos premios, o máis importante é seguir fomentando o gusto pola lectura e pola creación literaria entre as novas xeracións.

Queremos facer tamén unha mención especial aos pais e nais que puideron achegarse para acompañar ao alumnado neste día. Do mesmo xeito, agradecemos o traballo do profesorado do CPI Cervantes, pola súa implicación, dedicación e compromiso coa formación do alumnado. Grazas ao seu esforzo diario, actividades como esta seguen sendo posibles.

Por último, queremos recoñecer a colaboración do CDR Ancares e a importante labor que desenvolve ao longo de todo o ano organizando actividades educativas, culturais e de lecer para os nenos e nenas de Cervantes.

Parabéns a todas as persoas que fixeron posible esta celebración e feliz Día do Libro.

Más artículos sobre

Se ves lume, chama ao 085

Cervantes prepara a campaña contra incendios de 2026 coa mellora da base da brigada municipal

37539984062_833fa12f3b_b

Actuacións de creación e mellora de servizos no entorno do Castelo de Doiras.

Visita subdelegada do goberno

Xuntanza coa Subdelegada do Goberno en Lugo