Reserva Nacional de Caza

Sorteo de permisos de caza da Reserva Nacional de Caza de Ancares (tempada 2025/2026)

Infórmase a veciñanza de que, entre os días 1 e 31 de maio de 2025, ambos inclusive, estará aberto o prazo para que os propietarios de terreos situados dentro da Reserva Nacional de Caza de Ancares (Lugo) poidan presentar a súa solicitude para participar no sorteo dos permisos de caza correspondentes á tempada 2025/2026.

Os modelos de solicitude estarán dispoñibles nos seguintes sitios:

  • Na Casa do Concello de Cervantes, onde tamén se poden resolver dúbidas sobre o proceso.
  • Na web do Concello de Cervantes, onde podes descargar directamente a solicitude aquí.
  • No Servizo de Patrimonio Natural, mediante solicitude ao correo patrimonionatural.medio-ambiente.lugo@xunta.gal
  • Na Oficina do Servizo de Patrimonio Natural no Distrito Ambiental VII Fonsagrada-Os Ancares (Rúa Ano Vello s/n, Becerreá – Lugo).
  • A través dos vixiantes de recursos naturais da Reserva, que tamén facilitarán os modelos.

Enviarase unha única solicitude por propietario sinalando nela a parroquia pola que solicita (só se pode solicitar por unha parroquia). No caso da parroquia de Donís, cómpre ademais sinalar o lugar polo que se solicita (só se pode solicitar por un lugar). No caso de Piornedo a Asociación de Propietarios do Monte de Piornedo pode achegar unha solicitude única para a adxudicación do permiso.

As solicitudes deberán rexistrarse, dentro do prazo aberto, por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando o procedemento MT720P dirixido ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo, ou presencialmente nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, no rexistro do Concello de Cervantes ou en calquera outro rexistro público habilitado.

Lembramos que é fundamental presentar a documentación dentro do prazo establecido para poder participar no sorteo. A caza regulada dentro da Reserva Nacional contribúe á xestión sostible dos recursos naturais e representa tamén unha actividade de interese social e económico para o territorio.

Para máis información ou para resolver calquera dúbida, non dubides en contactar co Concello ou cos organismos competentes.

Podes atopar máis información nestes documentos:

Más artículos sobre

Cervantes en Festas

As 10 festas que non te podes perder este verán en Cervantes

Campamento de verán blog

Campamento de verán 2025

bombilla

Obras de eficiencia enerxética na Casa do Concello.