Carnaval Cervantes 2026

Carnaval en Cervantes

O pasado sábado 14 de febreiro celebramos o Carnaval cunha tarde chea de cor, risas e bo ambiente. Disfraces, música, alegría e moitas ganas de pasalo ben reuniron a persoas de todas as idades para compartir un deses momentos que fan comunidade.

Grazas a toda a xente que se achegou a participar e a encher o polideportivo de ilusión, especialmente ás familias e aos nenos e nenas, que foron os grandes protagonistas da festa.

Seguimos apostando por encontros que nos xunten, nos fagan rir e manteñan vivo o espírito festivo en Cervantes.

Compartimos o vídeo para lembrar unha tarde fantástica.

Más artículos sobre

Eclipse en Cervantes

Vivir a eclipse solar en Cervantes con seguridade

Cervantes en agosto

Un mes para vivir Cervantes entre festas, deportes e plans na natureza

Xenerador Concello Cervantes

Un xenerador eléctrico á disposición da veciñanza