Obras de eficiencia enerxética na Casa do Concello.


O Concello de Cervantes, a través da Orde do 16 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, susceptibles de ser cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (DOG nº 13 do 18 de xaneiro de 2024), está a levar a cabo a obra MELLORA ENERXÉTICA DO EDIFICIO CONSISTORIAL DO CONCELLO DE CERVANTES, financiándose do seguinte xeito:

Total Subvencionado: 118.254,54€ , o que supón un 80.00% sobre o total.

O Concello de Cervantes asume a cantidade de 29.563,63 €, o que supón un 20.00% sobre o custe total da obra.

Más artículos sobre

Aviso neve

Aviso meteorolóxico por neve e tempo adverso

Concello de Cervantes Whatsapp

Información directa e útil, así funciona a canle de Whatsapp do Concello

Rescates no fío do milagre

Cervantes, referente nos rescates de montaña