Sanidade en Cervantes

Nin + nin -. A sanidade que merecemos!

O tenente de alcalde de Cervantes, Miguel González, explicou á veciñanza neste vídeo os pasos que se están dando desde o Concello de Cervantes pola vía institucional para esixirlle ao SERGAS que cubra as prazas vacantes do centro médico de San Román e do consultorio de Doiras.

Despois do vídeo, deixamos tamén publicadas as solicitudes urxentes de cobertura das prazas vacantes que foron remitidas desde o Concello á Xerencia da Área Sanitaria, á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e ao Ministerio de Sanidade do Gobierno de España. Neste caso de máximo interese para o futuro de Cervantes e para a calidade de vida de todas as persoas que vivimos aquí, consideramos que a labor do noso equipo de goberno é deixar as cores políticas a un lado para apretar e traballar con todas as institucións para recuperar o dereito a unha sanidade digna.

Desde este equipo de goberno do Concello de Cervantes imos movernos e traballar ata conseguir un servizo sanitario digno en Cervantes. Nin máis nin menos. A sanidade que merecemos!

Más artículos sobre

Concello de Cervantes ITV

ITV móbil vehículos agrícolas

Demostración de desbroces

Gran interese na demostración de maquinaria de desbroce en Cervantes

Carnaval Cervantes 2026

Carnaval en Cervantes