Argalleiras Cervantes

Nace a Asociación Argalleiras

En Cervantes estamos de noraboa co nacemento de Argalleiras, Asociación de Mulleres Rurais da Montaña, unha entidade que vén para sumar esforzos, dar voz e fortalecer o papel das mulleres no noso territorio. A súa creación responde á vontade de loitar por un rural vivo, pero tamén de facelo con perspectiva de xénero, lembrando que aínda queda moito camiño por percorrer.

Desde o Concello felicitamos a Argalleiras polo seu nacemento e pola valentía de dar este paso, ao tempo que agradecemos tamén a todas as asociacións que, día a día, manteñen vivo o noso municipio. O labor desinteresado e incansable das persoas que forman parte delas é fundamental para dinamizar Cervantes, crear comunidade e abrir camiños de futuro.

O espírito asociativo é un dos sinais de identidade da Montaña, e iniciativas como esta son a mellor mostra de que seguimos a apostar pola unión, pola igualdade e polo compromiso co noso territorio.

Podes le a nova que apareceu no xornal El Progreso, aquí.

Más artículos sobre

Demostración de desbroces

Gran interese na demostración de maquinaria de desbroce en Cervantes

Carnaval Cervantes 2026

Carnaval en Cervantes

Sanidade en Cervantes

Nin + nin -. A sanidade que merecemos!