Whatsapp Concello de Cervantes

Máis de 500 persoas na canle de Whatsapp do Concello de Cervantes

A poucos días de rematar o ano 2024, sumamos xa máis de 500 persoas na canle de Whatsapp do Concello de Cervantes. Esta canle creámola no mes de marzo para poder enviar as novidades do Concello a todas as persoas interesadas.

O noso é un municipio que ten pouca poboación e moi dispersa, polo que é dificil que a información chegue a todas as persoas de xeito rápido, xa que os medios de comunicación non prestan moita atención ao noso día a día. Por iso neste ano 2024 un dos nosos obxectivos foi poder ter máis canles de comunicación coa veciñanza e fixémolo abrindo esta canle de Whatsapp, mantendo actualizado o noso perfil de Facebook e agora tamén con esta páxina web.

Se queres manterte ao día de todas as novidades do Concello, recomendámosche que nos sigas:

Más artículos sobre

Cervantes en Festas

As 10 festas que non te podes perder este verán en Cervantes

Campamento de verán blog

Campamento de verán 2025

bombilla

Obras de eficiencia enerxética na Casa do Concello.