Concello de Cervantes ITV

ITV móbil vehículos agrícolas

Durante o mes de maio teremos a campaña de inspección técnica de vehículos agrícolas no Concello de Cervantes. Esta iniciativa permite achegar o servizo de ITV á veciñanza, facilitando así o cumprimento das obrigas legais sen necesidade de desprazamentos a outras localidades.

A unidade móbil estará presente en tres puntos do concello, en diferentes datas e horarios:

Doiras
7 de maio, en horario de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas.

San Román
8 de maio, en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Quindous
11 de maio, en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Para poder realizar a inspección é necesario solicitar cita previa. As persoas interesadas poden facelo chamando ao teléfono 981 92 80 80 ou a través da páxina web da ITV, pinchando aquí.

Más artículos sobre

Demostración de desbroces

Gran interese na demostración de maquinaria de desbroce en Cervantes

Carnaval Cervantes 2026

Carnaval en Cervantes

Sanidade en Cervantes

Nin + nin -. A sanidade que merecemos!