Palillo homenaxe

Homenaxe a ‘Palillo’, exemplo de compromiso co rural

O vindeiro sábado 8 de novembro celébrase en Cervantes a quinta edición da Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, un evento que honra o noso territorio, os nosos produtores e os valores que definen a vida na montaña. Como cada ano, escóllese unha persoa homenaxeada para esta cita.

Nesta edición o homenaxeado será José Antonio Díaz, coñecido por todos como Palillo, socio fundador da cooperativa A Carqueixa e durante moitos anos o seu presidente. Un home que non precisa presentación na nosa terra: traballador incansable, comprometido coa gandería da montaña e cunha forma moi clara de entender a vida no rural, baseada na colaboración e no esforzo compartido.

Quen o coñece sabe que Palillo nunca di que non cando é para axudar. Sempre estivo aí, presente en cada iniciativa que buscaba mellorar o sector, apoiar os gandeiros e manter vivo o territorio. A súa traxectoria deixa pegada non só na cooperativa, senón en toda a comunidade que o aprecia de verdade.

Desde o Concello de Cervantes sumámonos con orgullo a esta homenaxe tan merecida e sentida pola veciñanza. Celebrar a Palillo é tamén celebrar os valores que nos definen como pobo: solidariedade, traballo, compromiso e amor pola nosa terra.

Convidamos a toda a veciñanza e visitantes a participar nesta xornada, compartir boa carne da nosa terra e render tributo a quen tanto fixo por ela. Recordamos que a inscrición para a comida é obrigatoria e pode facerse no teléfono 620451654. E tamén vos animamos a ler o fermoso artigo que hoxe lle dedica o xornal El Progreso e que podes ler aquí.

Más artículos sobre

Recoñecemento aos veciños de Balgos

Balgos, un recoñecemento á veciñanza e á amizade

Xuntanza Confederacion Hidrográfica

Xuntanza de traballo con membros da Confederación Hidrográfica

Toponimizate Cervantes

O alumnado do CPI Cervantes aprende coa Real Academia Galega sobre os nomes da nosa terra