Coworking Cervantes

Espazo de traballo compartido, coworking rural

Seguimos traballando para un mellor aproveitamento das instalacións municipais e por facelas accesibles para toda a veciñanza. Nas pasadas semanas habilitamos un espazo de traballo compartido en San Román de Cervantes para que poidan empregar as persoas que teletraballan e tamén as que queiran prestar os seus servizos á poboación de Cervantes algúns días á semana.

Este é o primeiro espazo de coworking público nos Ancares. 🛜 Está equipado con mesas, cadeiras, calefacción, wifi, baños e unhas pantallas para que se ves co teu portátil, poidas conectalas e traballar comodamente.

As persoas que queiran empregar este espazo, poden poñerse en contacto co Concello de Cervantes no teléfono 982 36 49 04.

Ademais tamén temos unha sala de reunións e diferentes espazos para poder facer charlas e formacións, con proxectores e pantallas.

Más artículos sobre

Recoñecemento aos veciños de Balgos

Balgos, un recoñecemento á veciñanza e á amizade

Xuntanza Confederacion Hidrográfica

Xuntanza de traballo con membros da Confederación Hidrográfica

Toponimizate Cervantes

O alumnado do CPI Cervantes aprende coa Real Academia Galega sobre os nomes da nosa terra