Os gaioleiros

Dez anos de música cos Gaioleiros de Cervantes

O grupo Os Gaioleiros, formado por nove mulleres e catro nenas de Cervantes, cumpre dez anos levando a música e o baile tradicional por toda a comarca e máis alá. Un grupo que naceu da ilusión e do amor pola cultura galega, e que hoxe é un símbolo de comunidade e alegría na montaña.

O nome do grupo vén dunha palabra moi nosa: “gaiola”. Ir de gaiola é saír tocar, compartir, celebrar, levar a música de festa en festa, de aldea en aldea. Cada quince días, dous domingos ao mes, toca ensaiar e o local de Santalla no que o fan énchese de sons, risas e aprendizaxe.

Pero Os Gaioleiros é moito máis, non se trata só de tocar ou bailar, senón de converterse en parte viva dunha tradición que se transmite de xeración en xeración.

Os nosos grupos tradicionais, son a alma das festas, o corazón do patrimonio cultural da montaña. Grazas a eles, as celebracións seguen a soar con pandeiretas, gaitas e voces que unen a veciñanza e que nos din que hai pasado, presente e futuro aquí na montaña.

Desde o Concello de Cervantes queremos felicitar a Os Gaioleiros por estes dez anos de traxectoria, de compromiso coa nosa cultura e co noso territorio. Grazas por manter acesa a chama da música tradicional e por levar o nome de Cervantes con orgullo e alegría.

Que viva a música na montaña, e que vivan Os Gaioleiros!

Recomendámosvos ler o artigo que lles dedicou o xornal El Progreso, onde se recolle a súa historia e o seu espírito.

Más artículos sobre

Xornada Degustacion Tenreira

Cervantes celebrou unha nova edición da Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares e Feira de Artesanía

Palillo homenaxe

Homenaxe a 'Palillo', exemplo de compromiso co rural

Recoñecemento aos veciños de Balgos

Balgos, un recoñecemento á veciñanza e á amizade