A partir do luns 4 de agosto, o Concello de Cervantes volve poñer en marcha o servizo gratuíto de reciclaxe de residuos voluminosos, pensado para que a veciñanza poida desfacerse de mobles vellos, electrodomésticos ou colchóns de maneira segura e responsable co medio ambiente.
Este servizo permitirá reciclar:
- Mobles como armarios, mesas, cadeiras, etc.
- Electrodomésticos e aparellos electrónicos (lavadoras, televisións, microondas…).
- Colchóns, somieres e outros artigos de descanso.
As persoas interesadas deben achegar estes residuos a San Román, en días laborables, no horario de 13:00 a 14:30 h.. Unha vez alí, recibirán instrucións nas oficinas do Concello sobre o lugar exacto onde deixar cada tipo de residuo, para facilitar a súa correcta clasificación e posterior reciclaxe.
Este servizo estará activo ata o xoves 4 de setembro, e busca evitar que os residuos máis voluminosos acaben abandonados nos montes, beiras de pistas ou ao pé dos contenedores, co impacto ambiental e estético que iso supón.
Desde o Concello animamos a todas as veciñas e veciños a aproveitar esta oportunidade para dar saída a obxectos que xa non se usan e, ao mesmo tempo, contribuír a manter limpo e coidado o noso territorio.
Lembramos que se trata dun servizo completamente gratuíto, dispoñible para todas as persoas do municipio.