O Concello de Cervantes organiza un ano máis o Campamento de Verán de Cervantes, unha proposta lúdica e educativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 15 anos. Esta medida está pensada para favorecer a conciliación entre a vida familiar e laboral durante o mes de xullo, ofrecéndolles aos rapaces unha alternativa divertida e enriquecedora nas vacacións escolares.
O campamento desenvolverase nas instalacións do CPI Cervantes, en horario de 10:00 h a 14:00 h, durante os seguintes días do mes de xullo: 15, 16, 17, 18, 21, 23, 24, 28 e 29. Nove xornadas cheas de actividades adaptadas ás diferentes idades, con xogos, talleres, creatividade, aprendizaxes compartidas e moita diversión.
A actividade está pensada para favorecer a socialización, o traballo en equipo e o contacto activo co entorno e o medio no que vivimos. Ademais, búscase fomentar valores como o respecto, a convivencia e a cooperación a través do xogo e das experiencias comúns.
PRAZAS LIMITADAS. O campamento é gratuíto e conta cun total de 24 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. Terá prioridade o alumnado do CPI Cervantes, pero se quedaran prazas libres, poderán participar también nenos e nenas doutras localidades.
A inscrición estará aberta do 8 ao 11 de xullo (ambos incluídos). As familias interesadas en anotar aos seus fillos ou fillas deberán acudir ás oficinas do Concello de Cervantes e cubrir unha solicitude de inscrición, que se facilitará no propio Concello.
Desde o Concello agradecemos a confianza das familias e animamolas a participar nesta nova edición do Campamento de Verán.