Axudas LEADER

Aberta a convocatoria de axudas LEADER

O Concello de Cervantes informa de que xa está aberta a convocatoria para a selección de proxectos ao abeiro da medida LEADER do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2023-2027, publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 30 de abril de 2025.

Estas axudas representan unha boa oportunidade para persoas físicas, empresas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro que queiran desenvolver proxectos no medio rural, co obxectivo de crear emprego, impulsar o emprendemento, fomentar a innovación e mellorar a calidade de vida no territorio.

Os proxectos que opten a estas axudas deben estar localizados nun dos concellos que forman parte do ámbito de actuación do Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais (GDR3), entidade que xestiona estes fondos no noso territorio e que ofrece asesoramento personalizado para todas as persoas interesadas.

Prazo de solicitude

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de maio de 2025, e o trámite debe realizarse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, utilizando o código de procedemento MR701L.
🔗 https://sede.xunta.gal

Asesoramento e máis información

Para recibir apoio durante a preparación e presentación da solicitude, é recomendable contactar co GDR 3 Montes e Vales Orientais:

Na súa páxina web tamén se poden consultar e descargar os baremos que se empregarán para valor os proxectos que se presenten e deste xeito poder presentar unha solicitude máis sólida baseada neses baremos.

Quen pode solicitar estas axudas?

Entre outras, poden participar na convocatoria:

  • Persoas emprendedoras que queiran poñer en marcha un negocio en Cervantes.
  • Autónomos e empresas.
  • Asociacións e entidades sen ánimo de lucro con proxectos de interese social ou cultural.

Este tipo de fondos son clave para facer realidade proxectos que xeren futuro no rural, polo que animamos a toda a veciñanza de Cervantes con iniciativas ou ideas a informarse e participar desta convocatoria.

Más artículos sobre

pando

Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025

Corte estrada Vilaxán

Aviso de corte de estrada entre o Queirugal e Vilaxán

Reserva Nacional de Caza

Sorteo de permisos de caza da Reserva Nacional de Caza de Ancares (tempada 2025/2026)