Corte estrada Vilaxán

Aviso de corte de estrada entre o Queirugal e Vilaxán

Desde o Concello de Cervantes informamos que a estrada que conecta o Queirugal con Vilaxán, pasando pola igrexa de Mosteiro, permanecerá cortada ao tráfico ata novo aviso debido a un derrubamento que afecta á seguridade da vía.

Este desprendemento impide a circulación, por este motivo, e para evitar riscos para condutores e viandantes, cortamos o tránsito por este tramo de estrada de maneira preventiva e ata novo aviso.

Vías alternativas de acceso

Mentres dure o corte, os accesos a Vilaxán e á igrexa de Mosteiro deberán realizarse pola estrada que pasa por Bolois. Esta ruta atópase en boas condicións e permitirá manter a comunicación coa zona afectada durante o tempo que sexa necesario.

Agradecemos a comprensión da veciñanza e lembramos a importancia de non acceder á zona cortada, por seguridade.

Manterémosvos informados a través dos nosos medios habituais e, especialmente, a través da canle de WhatsApp do Concello, onde se comunicará calquera novidade ou reapertura da vía.

Más artículos sobre

Demostración de desbroces

Gran interese na demostración de maquinaria de desbroce en Cervantes

Carnaval Cervantes 2026

Carnaval en Cervantes

Sanidade en Cervantes

Nin + nin -. A sanidade que merecemos!