Residencia de Cervantes

Avanza o proxecto da residencia de maiores de Cervantes: licitada a redacción do proxecto e a dirección de obra

O Concello de Cervantes celebra este importante avance para a construción da residencia de maiores en San Román. A Deputación de Lugo vén de licitar hoxe o contrato para a redacción do proxecto e a dirección da obra, un paso fundamental para facer realidade esta infraestrutura tan necesaria.

Este contrato conta cun orzamento superior aos 110.000 euros e divídese en dous lotes: un primeiro lote para a redacción do proxecto, cun prazo de execución de 2 meses, e un segundo para a dirección da obra, cun prazo de 6 meses. A nova residencia construirase nunha parcela de 2.716 metros cadrados situada na rúa Deputación, no núcleo urbano de San Román de Cervantes. Esta parcela foi cedida polo Concello de Cervantes á Deputación para este fin.

Esta iniciativa supón un paso decisivo para mellorar a calidade de vida da veciñanza, especialmente das persoas maiores, ofrecendo unha alternativa de coidado no propio municipio, sen que os nosos maiores se vexan obrigados a marchar lonxe da súa contorna e da súa xente. A residencia ofrecerá unha atención centrada nas persoas, favorecendo o benestar e o coidado de proximidade nun entorno familiar.

Desde o Concello de Cervantes valoramos moi positivamente este avance e reafirmamos o noso compromiso de seguir traballando para mellorar os servizos públicos e a calidade de vida dos cervantegos e cervantegas.

A construción desta residencia non só responde a unha necesidade social evidente, senón que ademais contribuirá a xerar emprego e dinamizar a vida no municipio. Seguiremos informando de todos os avances e facendo todo o posible para que este proxecto sexa unha realidade canto antes.

Más artículos sobre

bombilla

Obras de eficiencia enerxética na Casa do Concello.

Hide O Muín Cervantes

Hide O Muín, observar a natureza desde un antigo muíño

pando

Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025