Este verán vén cargado de celebracións no Concello de Cervantes, con ata 10 festas nos pobos e parroquias do municipio, ademais de dous eventos deportivos. Así que as fins de semana de xullo e agosto preséntanse moi animadas. Se estás pola zona ou estás planeando unha escapada, toma nota, porque a diversión está asegurada!
Aquí vai a lista completa das festas programadas:
- 26 de xullo: Romaría en Cereixedo
- 1 e 2 de agosto: Festas en Padornelo
- 8 de agosto: Festón en Quindous
- 9 de agosto: Festas en Dumia
- 10 de agosto: VII Xuntanza na honra a San Lourenzo en Piornedo
- 12 de agosto: Festas en Pereira
- 15 de agosto: Grandes Festas en Vilarello
- 22 de agosto: Catroventos en Festas
- 23 de agosto: Festa en Porcís
- 24 de agosto: Festas en Santalla
E isto non é todo! Tamén temos tres citas deportivas que xa son todo un referente:
- 8, 9 e 10 de agosto: Tiro ao plato en Pintinidoira
- 9 de agosto: Campionato de fútbol no campo de Cela
- 10 de agosto: Ancares Cycling Marathon – Gran Fondo, unha proba que cada ano atrae a máis ciclistas e visitantes.
Desde o Concello de Cervantes queremos agradecer o incansable traballo das comisións de festas, que fan posible que en sitios tan pequenos celebremos festas tan grandes. Sen elas, nada disto sería posible.
Na axenda que mantemos actualizada na web do Concello podes consultar todos os eventos que hai programados e ver os carteis de cada unha das festas. Non falta nelas a música, a sesión vermú, a verbena e tamén a oferta gastronómica.
Recorda que todas as novidades as publicacmos tamén na canle de WhatsApp do Concello.
Non perdas ningunha cita! Cervantes está de festa, e ti estás convidado/a!


