Freguesía pertencente ó arciprestazgo de Cervantes, delimitada por Navia de Suarna polo Norte; Cereixedo polo Sur; León polo Este e A Dorna e Vilaquinte polo Oeste. Os seus 116 habitantes atópanse agrupados en 12 entidades de poboación. A casa-torre de Donís sinala unha supervivencia señorial no seo dun pobo de pastores. O conxunto foi propiedade de dúas familias: Sanmartino Pambley e os Ron.