Coches clásicos Cervantes

Concentración de coches clásicos

O sábado 6 de setembro, Cervantes converteuse en escenario dun evento moi especial para as persoas amantes do motor e da historia sobre rodas. Sobre as 11:30 horas, as Pallozas de San Román recibiron a visita dun centenar de coches clásicos que fixeron parada no corazón do municipio, ofrecendo un espectáculo visual que encantou tanto á veciñanza como ás persoas que se achegaron a desfrutalo.

A cita permitiu gozar coa presenza de auténticas xoias automobilísticas que marcaron época e que seguen a espertar admiración. Ademais de contemplar os vehículos, a xornada vivíuse nun ambiente festivo e de encontro entre as persoas participantes.

Compartimos un vídeo resumo do paso desta concentración de coches clásicos por San Román de Cervantes. Seguro que máis dun recoñece algún dos vehículos que desfilaron por aquí!

Dende o Concello queremos agradecer á organización desta concentración o seu traballo e, sobre todo, o detalle de incluír Cervantes no seu itinerario. Actividades coma esta axudan a dar vida ao noso territorio, a dinamizar e a atraer visitantes que logo descobren tamén o noso patrimonio, gastronomía e paisaxes.

Foi unha xornada chea de cor, ruído de motores e boa compañía. Un exemplo máis de como Cervantes é un lugar de encontro tamén para eventos culturais e deportivos que fan gozar á veciñanza e a quen nos visita.

Más artículos sobre

Campamento Cervantes

O Concello de Cervantes organiza o Campamento de Verán 2026

Se ves lume, chama ao 085

Cervantes prepara a campaña contra incendios de 2026 coa mellora da base da brigada municipal

37539984062_833fa12f3b_b

Actuacións de creación e mellora de servizos no entorno do Castelo de Doiras.