Cervantes - feliz 2026

Boas festas e feliz 2026

Achegámosvos este vídeo de felicitación das festas e do novo ano 2026 en nome de todas as persoas que traballamos no Concello de Cervantes. Quixemos facelo nun escenario que nos identifica e nos emociona: os Ancares cubertos de neve, cos seus cumios brancos, o silencio do inverno e esa beleza serena que fai deste territorio un lugar único.

A través destas imaxes queremos transmitir un desexo sincero de boas festas para toda a veciñanza, para quen vive aquí todo o ano e tamén para quen, estando fóra, leva Cervantes sempre no corazón.

O ano 2026 preséntase con retos por diante pero tamén con ilusión e ganas de seguir mellorando o día a día no noso concello. Desde o Concello seguiremos traballando con compromiso, escoitando á veciñanza e defendendo os intereses de Cervantes, da súa xente e do seu futuro.

Bo Nadal e feliz Ano Novo ✨

Más artículos sobre

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Aberto o prazo para a liquidación do IVTM 2026

Reserva Nacional de Caza

Sorteo de permisos de caza da Reserva Nacional de Caza de Ancares (tempada 2026/2027)

Concello de Cervantes ITV

ITV móbil vehículos agrícolas