Co motivo do Eclipse Total, o mércores 12 de Agosto, a partir das 11:00h haberá un percorrido pola memoria, cultura e patrimonio da aldea, encontro divulgativo, encontro colectivo no alto da Pintinidoira e observación das Perseidas no Cortello Astronómico + evento musical sorpresa.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.