Ruta da transhumancia

Ruta da transhumancia

Vive a transhumancia nos Ancares. Acompaña aos pastores da cooperativa A Carqueixa e ao seu gando nunha travesía única pola Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, seguindo unha tradición milenaria que pervive en moi poucos lugares.

  • Ruta de dificultade alta na montaña
  • 20 km e 8 horas de natureza en estado puro.
  • Prazas limitadas.
  • Pequena degustación da comida tradicional que levan os pastores.
  • Seguro de Responsabilidade Civil.
  • Guía oficial de sendeirismo.

Datos da ruta:

  • Punto de encontro: Escola de Piornedo.
  • Hora de saída: 9.30 horas.
  • Distancia: 20km
  • Duración: 8 horas aprox.
  • Dificultade: alta
  • Percorrido: de Piornedo ao Monte das Charcas (Villafranca del Bierzo, León) e volta a Piornedo.

Equipamento recomendado:

  • Calzado: botas de montaña.
  • Roupa: sistema de capas (camiseta, polar, impermeable) + pantalón longo.
  • Protección: gorra e crema solar.
  • Hidratación: mínimo 1,5 litros de auga por persoa.
  • Comida: cada participante traerá a súa comida para a xornada.

O prezo por persoa é de 45€ e podes facer a túa compra a través do seguinte ligazón:  RUTA DA TRANSHUMANCIA

Se tes algunha dúbida podes contactar no teléfono ou Whatsapp: 618590273

Data

02/05/2026

Hora

09:30 h

Localización

Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

Organiza

Cooperativa A Carqueixa