Hora de Inicio: 10 h.
Hora de finalización: 18h.
Punto de saída: Escola de Piornedo
Distancia: 11 km
Dificultade: Media-alta
Imprescindible: Picnic para a comida: auga, froita e/ou froitos secos, bocadillo, etc. Calzado e roupa axeitados (pantalón longo), protector solar.
Inscricións ata o xoves 10 de xullo a través da web de CAPRIF-CC.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.