Os días 11, 18 e 25 de setembro no Centro de Desenvolvemento Rural Ancares farase un obradoiro de restauración de mobles.
Inscricións e máis información en ancareslucenses@deputacionlugo.org ou 982227813
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.