O Gran Camiño – Etapa Cervantes

O Gran Camiño – Etapa Cervantes
o

Público
O próximo 1 de marzo Cervantes acollerá unha das etapas da proba ciclista O Gran Camiño Cycling, unha proba internacional onde compiten varios dos mellores equipos do mundo.
A de Cervantes será a etapa raíña da proba, pola súa dureza e tamén porque contará cun sprint especial ao seu paso por San Román de Cervantes.
Retransmitirase en directo o seu paso polo noso concello para 170 países, onde se poderá ver todo o potencial dos Ancares para realizar probas deste tipo.
O percorrido pode verse na web da proba e os ciclistas entrarán pola carretera de Navia, para subir a San Román, baixando a Vilanova desde o cruce do Pandelo. De Vilanova irán dirección Doiras pero collerán o desvío a Vilapún, Viladeite, Vilaspasantes e Bazal. Subindo a Pintinidoira para saír á carretera que vai do Portelo a Pedrafita, dirección o Cebreiro.
Animámosvos a estar pendentes desta proba e desfrutala. Especialmente o sprint que se fará sobre as 16 horas en San Román.
Máis información na web oficial da proba.

Data

01/03/2025

Hora

15:00 h

Localización

Varios puntos do Concello de Cervantes

Organiza

O Gran Camiño