Os venres 12 e 19 de setembro en horario de 16h. a 21h. haberá un curso de ferramentas de venda en liña para todos os negocios online interesados.
Prazas limitadas a 10 persoas.
Para inscribirse, pódese facer a través do teléfono do Concello de Cervantes: 982 36 49 04
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.