O vindeiro domingo 4 de maio haberá un curso para o coidado dos castañeiros na Casa da Catoira, en San Román de Cervantes.
A actividade é completamente gratuita, pero é necesario anotarse no teléfono do Concello: 982 36 49 04.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.