Das 17 h. ás 23 h. hai diversas actividades programadas en Piornedo con inscrición obrigatoria:
– Paseo guiado
– Xogos tradicionais
– Elaboración de caldo e cea tradicional
– Contos e cancións ao redor do lume
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.