Último día para participar!
A Asociación Ribeira Cervantega convoca un concurso de fotografía coa temática dos ríos e das pontes do noso municipio. Hai de prazo ata o 21/12/2025 para participar. Máis información no Bar Carlos (O Fabal).
Máis información no cartel do concurso.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.