A Asociación de Veciños San Felipe de Balgos organiza esta andaina de verán ata o Castro de Santa María e á volta un xantar na fonte do Nabalín.
Para recibir o bocadillo é necesario inscribirse nos teléfonos: 686077477 (Manolo) e 616788962 (José).
Lugar de saída e chegada: Balgos.
Aínda que é unha andaina cun grao de dificultade baixo, recoméndase traer roupa e calzado axeitados.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.