O 5 e 6 de setembro, a Asociación Teitos de Piornedo fará a mallega en Piornedo.
O día 5 haberá a mallega e escolmado e o día 6 obradoiros e festa.
Máis información e inscricións no WhatsApp: 630 411 518
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.