Os días 4 e 5 de xullo de 2026 celébrase a Gran Tirada ao Prato de Dumia, en pleno corazón dos Ancares.
Durante a fin de semana haberá servizo de charcutería e bar con bocadillos quentes, no campo de tiro.
📍 Dumia – Cervantes (Lugo)
🌐 Máis información en: www.dumiacervantes.es
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.