Ruta da transhumancia
Vive a transhumancia nos Ancares. Acompaña aos pastores da cooperativa A Carqueixa e ao seu gando nunha travesía única pola Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, seguindo unha tradición milenaria que pervive en moi poucos lugares.
- Ruta de dificultade alta na montaña
- 20 km e 8 horas de natureza en estado puro.
- Prazas limitadas.
- Pequena degustación da comida tradicional que levan os pastores.
- Seguro de Responsabilidade Civil.
- Guía oficial de sendeirismo.
Datos da ruta:
- Punto de encontro: Escola de Piornedo.
- Hora de saída: 9.30 horas.
- Distancia: 20km
- Duración: 8 horas aprox.
- Dificultade: alta
- Percorrido: de Piornedo ao Monte das Charcas (Villafranca del Bierzo, León) e volta a Piornedo.
Equipamento recomendado:
- Calzado: botas de montaña.
- Roupa: sistema de capas (camiseta, polar, impermeable) + pantalón longo.
- Protección: gorra e crema solar.
- Hidratación: mínimo 1,5 litros de auga por persoa.
- Comida: cada participante traerá a súa comida para a xornada.
O prezo por persoa é de 45€ e podes facer a túa compra a través do seguinte ligazón: RUTA DA TRANSHUMANCIA
Se tes algunha dúbida podes contactar no teléfono ou Whatsapp: 618590273
Data
02/05/2026
Hora
09:30 h
Localización
Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses
Organiza
Cooperativa A Carqueixa