Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Aberto o prazo para a liquidación do IVTM 2026

O Concello de Cervantes informa que está aberto o prazo para a recadación en período voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). O período de cobranza será desde o 15 de abril ata o vindeiro 15 de xuño de 2026, ambos incluídos.

O documento de ingreso será enviado directamente por correo postal aos domicilios das persoas contribuíntes.

O pagamento poderá realizarse en calquera das seguintes entidades bancarias colaboradoras: Caixa Rural, ABANCA, La Caixa – Caixabank, BBVA e Banco Sabadell.

Lembramos que se non tes este imposto domiciliado, é posible domiciliar o seu pago nas caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras.

É importante ter en conta que, unha vez rematado o prazo voluntario de ingreso, as débedas pendentes pasarán a cobrarse pola vía de constriximento, co que se aplicarán os xuros que correspondan.

Calquera dúbida podes contactar co Concello de Cervantes polas nosas canles habituais ou achegarte á Casa do Concello.

Más artículos sobre

Se ves lume, chama ao 085

Cervantes prepara a campaña contra incendios de 2026 coa mellora da base da brigada municipal

37539984062_833fa12f3b_b

Actuacións de creación e mellora de servizos no entorno do Castelo de Doiras.

Visita subdelegada do goberno

Xuntanza coa Subdelegada do Goberno en Lugo