Cervantes - feliz 2026

Boas festas e feliz 2026

Achegámosvos este vídeo de felicitación das festas e do novo ano 2026 en nome de todas as persoas que traballamos no Concello de Cervantes. Quixemos facelo nun escenario que nos identifica e nos emociona: os Ancares cubertos de neve, cos seus cumios brancos, o silencio do inverno e esa beleza serena que fai deste territorio un lugar único.

A través destas imaxes queremos transmitir un desexo sincero de boas festas para toda a veciñanza, para quen vive aquí todo o ano e tamén para quen, estando fóra, leva Cervantes sempre no corazón.

O ano 2026 preséntase con retos por diante pero tamén con ilusión e ganas de seguir mellorando o día a día no noso concello. Desde o Concello seguiremos traballando con compromiso, escoitando á veciñanza e defendendo os intereses de Cervantes, da súa xente e do seu futuro.

Bo Nadal e feliz Ano Novo ✨

Más artículos sobre

Campamento Cervantes

O Concello de Cervantes organiza o Campamento de Verán 2026

Se ves lume, chama ao 085

Cervantes prepara a campaña contra incendios de 2026 coa mellora da base da brigada municipal

37539984062_833fa12f3b_b

Actuacións de creación e mellora de servizos no entorno do Castelo de Doiras.