Toponimizate Cervantes

O alumnado do CPI Cervantes aprende coa Real Academia Galega sobre os nomes da nosa terra

O Concello de Cervantes solicitou á Real Academia Galega a realización dunha charla no CPI Cervantes para achegar ao alumnado o proxecto Galicia Nomeada e fomentar o coñecemento da nosa lingua e toponimia.

Durante a sesión, o alumnado tivo ocasión de descubrir as orixes e curiosidades dos nomes de lugares do noso concello, e mesmo aprender por que hai cervos no escudo de Cervantes. Ademais, participaron activamente aportando nomes e topónimos da zona para a plataforma Galicia Nomeada, contribuíndo así á conservación e difusión do noso patrimonio lingüístico.

Dende o Concello de Cervantes queremos agradecer á Real Academia Galega a súa dispoñibilidade e ao profesorado e alumnado do CPI Cervantes a súa implicación e entusiasmo. Actividades como esta axudan a fortalecer o noso vínculo coa lingua e co territorio, transmitindo ás novas xeracións o valor de coñecer e preservar o noso.

Más artículos sobre

Cervantes Censo electoral

Comprobación dos datos do censo electoral

PHOTO-2026-09-17-12-20-22

Rehabilitación ambiental das fontes de Os Olmos e Vilaver

Eclipse en Cervantes

Vivir a eclipse solar en Cervantes con seguridade