Descubre como participar na recuperación dos topónimos de Cervantes e vén a unha charla sobre os nomes dos lugares do noso concello.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.