O 26 de setembro ás 16:30 horas hai unha formación gratuíta sobre os “Coidados paliativos no fogar”. Esta formación estará impartida por persoal experto e contará con diploma acreditativo.
Necesaria inscrición previa nas oficinas do Concello.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.