Reciclaxe resíduos voluminosos

Coidamos do noso entorno cun servizo gratuíto de reciclaxe de resíduos voluminosos

A partir do luns 4 de agosto, o Concello de Cervantes volve poñer en marcha o servizo gratuíto de reciclaxe de residuos voluminosos, pensado para que a veciñanza poida desfacerse de mobles vellos, electrodomésticos ou colchóns de maneira segura e responsable co medio ambiente.

Este servizo permitirá reciclar:

  • Mobles como armarios, mesas, cadeiras, etc.
  • Electrodomésticos e aparellos electrónicos (lavadoras, televisións, microondas…).
  • Colchóns, somieres e outros artigos de descanso.

As persoas interesadas deben achegar estes residuos a San Román, en días laborables, no horario de 13:00 a 14:30 h.. Unha vez alí, recibirán instrucións nas oficinas do Concello sobre o lugar exacto onde deixar cada tipo de residuo, para facilitar a súa correcta clasificación e posterior reciclaxe.

Este servizo estará activo ata o xoves 4 de setembro, e busca evitar que os residuos máis voluminosos acaben abandonados nos montes, beiras de pistas ou ao pé dos contenedores, co impacto ambiental e estético que iso supón.

Desde o Concello animamos a todas as veciñas e veciños a aproveitar esta oportunidade para dar saída a obxectos que xa non se usan e, ao mesmo tempo, contribuír a manter limpo e coidado o noso territorio.

Lembramos que se trata dun servizo completamente gratuíto, dispoñible para todas as persoas do municipio.

Más artículos sobre

Demostración de desbroces

Gran interese na demostración de maquinaria de desbroce en Cervantes

Carnaval Cervantes 2026

Carnaval en Cervantes

Sanidade en Cervantes

Nin + nin -. A sanidade que merecemos!