O Concello de Cervantes, a través da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR701E) (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024), está a levar a cabo a obra MANTEMENTO E MELLORA DE VÍAS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS EN DONÍS, O PANDO E CEREIXEDO, financiándose do seguinte xeito:
Total Subvencionado: 75.161,00 € , que se distribúe segundo o seguinte desglose:
- 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.
- 7,50% por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
- 17,50% por fondos propios da Xunta de Galicia.
O Concello de Cervantes asume a cantidade de 16.609.03 €, o que supón un 18,10% sobre o custe total da obra e do control de calidade.